Axudas o Estudo 2014-2015 .- Transporte e Comedor

Acaban de ser aprobadas as bases para a Concesión de bolsas e axudas para comedor e transporte para  o curso escolar 2014-2015   na Xunta de Goberno Local de 5 de maio de 2.015 das que poderán ser beneficiarios das axudas, aquelas persoas que reunindo os requisitos que esixen as Bases reguladoras da concesión de bolsas e axudas ao estudo, cursen estudos en ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, en concepto de desprazamento ou transporte; así como aqueles outros estudantes que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus estudos.-

O prazo de presentación das solicitudes será de 12 días hábiles contados a partir do 22 de xuño, entendéndose como último día hábil para a presentación de solicitudes o luns, día 6 de xullo de 2015. Este prazo poderá ser prorrogado, excepcionalmente por Resolución motivada do Sr. Alcalde-Presidente, sin que en ningún caso a duración de dita prórroga poida exceder de 10 días.

No portal transparencia - axudas e subvencións - podes atopar a convocatoria e as bases reguladoras