BALNEARIOS XUNTA 2015

máis info no Enlace XUNTA de Galicia

O Departamento de Servizos Sociais informa que dende hoxe ata o próximo 15 de maio de 2015 estará aberto o prazo para anotarse no programa de Benestar e Balnearios da Xunta que nesta edición dispón de 600 prazas repartidas en 13 balnearios  : Acuña (Caldas de Reis); Arnoia (Ourense); Augas Santas (Ferreira de Pantón); Baños da Brea (Vila de Cruces); Baños de Molgas (Ourense); Caldelas de Tui (Pontevedra); O Carballiño; Carballo; Termas de Cuntis; Laias (Cenlle); Lobios (Ourense) Balneario de Río Pambre (Palas de Reis) y Termas Romanas (Lugo).

Os turnos son de 10 días (nueve noites) cada un, e realizaránse en régimen de pensión completa, entre xuño  e  deccembro , e os prezos oscilan entre  316 e 398 euros e incluen ademáis da estancia en habitación doble de uso compartido, tratamientos termales e póliza colectiva de seguro turístico. Os que desexen habitación individual terán  que asumir a diferencia de coste.

 

Persoas beneficiarias

Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

Servizos incluídos

Documentación

Solicitude, na que se cubrirán todos os datos requiridos, tanto da persoa solicitante como de quen a acompañe (cónxuxe, acompañante, fillo/a, tutelado/a).

Cada solicitude, no caso de  non dar autorización expresa á Consellería de Traballo e Benestar para acceder aos datos persoais que figuran nos ficheiros pertencentes á dita Consellería ou a outras Administracións Públicas, estará acompañada de:

Copia compulsada do documento nacional de identidade (DNI), ou ben do pasaporte ou do número de identificación do estranxeiro (NIE), segundo proceda.

Certificado de empadroamento, emitido polo concello correspondente que acredite a residencia nun municipio da comunidade autónoma no momento de presentar a solicitude.

Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas correspondente ao último período en que se presente a solicitude, certificado de toda clase de pensións percibidas pola persoa solicitante e acompañante, se fora o caso, ou declaración xurada de non percibilas.

Certificado do grao de discapacidade do/a fillo/a ou tutelado/a pola persoa solicitante

Prazo presentación de solicitudes O prazo é de 20 días naturais dende o día seguinte á publicación da orde no DOG. Ata o 14 de maio de 2015.

Lugar de presentación.- Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para o que é preciso o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

En soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Por correo postal mediante envío certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia..

Normativa:

Orde do 21 de abril de 2015 pola que se regula a oferta de prazas para estadías e tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2015, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 77 do 24/4/2015)