Entrega de Diplomas aos Voluntarios Xuvenís

O Alcalde,  Demetrio Salgueiro  acompañado da Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad, fixeron entrega dos certificados de colaboración aos cinco voluntarios que participaron durante os meses de xullo e agosto, no programa “SERVIZO DE VOLUNTARIADO XUVENIL 2014”. Con esta entrega, o Concello quixo recoñecerlles o traballo realizado durante o verán pasado.

Durante estes dous meses os  voluntarios do Concello, de idades comprendidas entre 17 e 20 anos, axudaron aos técnicos cos 25 participantes. Os cinco voluntarios que participaron, foron: Sonia Martínez Rodríguez, Javier Villares Acebedo, María Tamara Soto López, Brenda Suárez Azogue e Desirée Castro Piñeiroa.

O traballo destes voluntarios fixo posible que, durante os dous meses do verán, 25 nenas e nenos do Concello puideran asistir a diversas actividades enmarcadas dentro do Programa de Voluntariado do Concello de Xove “Xuventude Activa 2014”