Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Axudas a traballadores que se acollan á redución de xornada para o coidado de fillos/as.

Publicadas as bases das axudas para os traballadores que se acollan á redución de xornada para o coidado de fillos/as .- As persoas solicitantes deberán terse acollido á redución entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014

O Departamento de Servizo Sociais do Concello informa  da convocatoria das axudas económicas para os traballadores e as familias monoparentais que, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014, tivesen unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado do seu/da súa fillo/a.

Normativa: Resolución do 22 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.(DOG nº 9 do 15/01/2015)

Tamén poderán acollerse a esta axuda os traballadores que, cumprindo os requisitos establecidos, adopten un/unha menor ou o/a teñan en situación de acollemento familiar, nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo. Neste suposto, non se terá en conta a data de nacemento, pero para ter dereito á axuda non deberán transcorrer máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou  da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. O/a fillo/a polo/a que se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos.

No caso das familias non monoparentais, serán subvencionables todos os períodos traballados durante o ano, co límite máximo de oito meses, sempre que un dos períodos sexa dun mínimo de 60 días naturais ininterrompidos, aínda que o resto sexan inferiores aos 60 días, e sempre que a muller traballe de xeito continuado ou que o tempo non traballado non supere o 5 % do tempo total correspondente aos períodos que se van acumular. Nestes casos, cando haxa dous ou máis períodos subvencionables que non sexan acumulables, concederase a axuda por aquel que sexa o máis favorable para o interesado.

Prazo de presentación:Ata o 20 de febreiro de 2015. MÁIS INFORMACION NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO. 982 592001

No caso das familias monoparentais, serán acumulables todos os períodos traballados durante o ano, co límite máximo de oito meses, sempre que un dos períodos sexa dun mínimo de 60 días naturais ininterrompidos, aínda que o resto sexan inferiores aos 60 días.

Compatibilidade.- Estas axudas son compatibles con calquera outra que, co mesmo obxecto, teñan establecidas ou poida establecer calquera das administracións públicas, dos seus organismos autónomos, entes ou sociedades, así como por calquera entidade privada.En ningún caso o período para o cal se solicita a subvención pode coincidir co permiso por maternidade nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade da persoa solicitante ou do seu cónxuxe ou parella. De producirse este suposto, o período coincidente non se terá en conta no cómputo do período subvencionable.

Persoas beneficiarias.- Homes que se acollan á redución de xornada a que se alude no artigo 5 desta resolución e sexan traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario e os socios das sociedades cooperativas sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social.

Familias monoparentais nas que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada. Por familia monoparental enténdese,  o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo.

En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos/as, ou se a tutela ou garda fose asumida por unha institución pública.

Requisitos: Estar inscritos no padrón de calquera municipio de Galicia, polo menos cun ano de antelación á data da solicitude.Convivir co/a fillo/a durante o período subvencionado.No caso das familias non monoparentais, o outro membro da unidade familiar deberá ser traballador/a por conta allea ou ben autónomo/a e manter esa situación durante todo o período subvencionado. Entenderase cumprido este requisito cando, habendo períodos non traballados, a suma destes non supere o 5% do período subvencionado.

Contías máximas e duración das axudas:

A contía da axuda, de pagamento único, estará en función da porcentaxe de redución de xornada laboral que se solicite e da duración desta, que será como máximo de 8 meses:

Contía segundo poncentaxe de redución de xornada laboral (8 meses)

Fillos/as a cargo

Ata 15%

Superior ao 15% e ata o 33,33%

Superior ao 33,33%

1

1.600 euros

2.700 euros

3.000 euros

2

1.900 euros

3.000 euros

3.300 euros

3 ou máis

2.200 euros

3.300 euros

3.600 euros

Axuda poderá concederse por unha redución de xornada dun máximo de 8 meses ininterrompidos e un mínimo de 60 días naturais ininterrompidos.
Cando a redución de xornada se solicite por un período inferior aos 8 meses ou no caso de que a persoa non estea contratada a xornada completa, as contías reduciranse proporcionalmente.

Para o cálculo da contía teranse en conta únicamente as fillas e fillos menores de 12 anos, agás no caso daquel polo que se solicita redución de xornada.

Documentación: Solicitude e anexos (pdf) | Presentación electrónica na sede

  • Anexo II: declaración responsable para o caso de proxenitores solteiros cun/unha fillo/a recoñecido/a polo outro proxenitor pero sen que existise convivencia entre pai e nai durante o período obxecto da axuda.
  • Anexo III: certificación da empresa ou, se é o caso, da administración pública correspondente, acreditativa da redución de xornada. No suposto de que durante o período de redución de xornada polo cal se solicita a axuda se producise un aumento ou diminución da porcentaxe inicial de redución da xornada de traballo, deberá cubrirse un anexo III por cada unha das variacións producidas. Igualmente, se a redución de xornada non for desfrutada de modo ininterrompido, cubrirase un anexo III por cada un dos períodos en que se estivese nesta situación.
  • Anexo IV: recolla de datos para a análise de resultados.
  • Fotocopia compulsada do libro de familia.
  • Fotocopia compulsada da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
  • Nos suposto de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución de tutela.
  • No caso de acollemento familiar copia compulsada da resolución administrativa ou xudicial de acollemento.
  • No suposto de fillos/as afectados/as por unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificado de discapacidade (no caso de non ter sido expedido na nosa Comunidade Autónoma).
  • Certificado de empadroamento no que se acredite a data de empadroamento en Galicia (polo menos un ano antes da data de solicitude)
  • Documento da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (IDC expedido pola empresa) no cal se acredite a situación de redución de xornada por garda legal, durante o período polo cal se solicita a axuda. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da seguridade social (Muface, Isfas, Mugeju, etc.), certificación en que se acredite a referida situación.
  • Certificado de vida laboral emitida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social relativa á persoa solicitante da axuda. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da seguridade social (Muface, Isfas, Mugeju, etc.), certificación acreditativa equivalente.
  • No caso de familias non monoparentais, certificación de vida laboral emitida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social relativa ao cónxuxe ou parella. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da seguridade social (Muface, Isfas, Mugeju, etc.), certificación acreditativa equivalente.

Para o caso de non autorizar a Secretaría Xeral da Igualdade a obter os datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, fotocopia compulsada do DNI ou NIE da persoa solicitante.

Prazo de presentación:Ata o 20 de febreiro de 2015.

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo