O Instituto Galego de Vivenda e Solo convoca axudas ao alugamento de vivendas.

 Estas axudas ao alugamento de vivendas teñen por obxecto facilitar o acceso e a permanencia nunha vivenda en réxime de aluguer a persoas físicas con escasos medios económicos, mediante a concesión de subvencións para afrontar os custos do alugueiro.

 O Instituto Galego de Vivenda e Solo ven de convocar as subvencións do Programa de axuda ao alugamento da vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

Estas axudas van dirixidas a persoas maiores de idade titulares ou que están en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda, que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia non superen os límites establecidos na convocatoria das axudas, que a renda de aluguer non supere, en ningún caso, os 600.-€ mensuais e, que todos os menbros da unidade de convivencia, acrediten que se atopan ao día nas súas obrigas tributarias.

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove ponse ao servizo dos seus veciños e veciñas para dar máis información e/ou para a tramitación destas axudas. Recordamos que o prazo remata o xoves 19 de febreiro (incluído o 19).

  

Contía das subvencións : O importe das axudas, poderá chegar ao 40 % da renda anual que se deba satisfacer polo alugamento da vivenda habitual e permanente, cun límite máximo de 2.400 € anuais por vivenda.

O prazo para solicitar as axudas estará aberto ata o 20 de febreiro de 2015..- As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento VI432A.- Máis información no DOG do 19 de xaneiro de 2015 e en http://igvs.es/web/actuamos/195

* O Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, IPREM é un índice empregado en España como referencia para a concesión de axudas, bolsas, subvencións ou o subsidio de desemprego.
O IPREM publícase anualmente a través da Lei de Orzamentos. Para 2014 fixouse en 532,51 € mensuais.

http://igvs.xunta.es/web/actuamos/834  ---------- > ENLACE TRAMITACION XUNTA