Abono anticipado das deduccións familiares por familia numerosa ou discapacidade no Imposto da Renda

Normativa.- Real Decreto 1003/2014, de 5 de decembro, polo que se modifica o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, aprobado polo Real Decreto 439/2007, de 30 de marzo, en materia de pagos a conta e deducións por familia numerosa ou persoas con discapacidade a cargo. (BOE nº 295 do 6/12/2014) Orde HAP/2486/2014, de 29 de decembro, pola que se aproba o modelo 143 para a solicitude do abono anticipado das deducións por familia numerosa e persoas con discapacidade a cargo do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e regúlanse o lugar, prazo e formas de presentación. (BOE nº 316 do 31/12/2014)

 Deducións.-As deducións, que poderán alcanzar os 1.200 euros anuais por cada descendente ou ascendiente con discapacidade e por familia numerosa, e os 2.400 euros no caso de familias numerosas de categoría especial, calcularanse de forma proporcional ao número de meses en que se cumpran os requisitos.

 Requisitos .-Realizar unha actividade pola que se cotice á Seguridade Social ou mutualidad alternativa. Ter dereito á aplicación do mínimo por descendente ou ascendiente con discapacidade, ou ser ascendiente ou irmán orfo de pai e nai formando parte dunha familia numerosa.

Límites.-O límite para cada unha das deducións serán as cotizacións e cotas to­tales á Seguridade Social e/ou mutualidades devengadas en cada período impositivo. Se se tivese dereito á dedución por contar con varios ascendientes e/ou descendentes con discapacidade, o límite aplicarase de forma independente respecto de cada un deles.

Quen poden solicitar o abono anticipado? Ascendentes, ou irmáns orfos de pai e nai, que formen parte dunha familia numerosa. Contribuíntes con dereito á aplicación dos mínimos por descendentes ou ascendentes con discapacidade.

Solicitude e documentación.- A solicitude do pago anticipado poderase realizar de maneira colectiva ou individual mediante a presentación do modelo 143, por cada unha das deducións, acumulables entre si, ás que os beneficiarios teñan dereito (100 euros mensuais por familia numerosa e por cada descendente e ascendiente con discapacidade; 200 euros no caso de familias numerosas de categoría especial). Título de familia numerosa e/ou certificado de discapacidade: os solicitantes deben comprobar que contan coa documentación acreditativa de familia numerosa e o certificado de discapacidade do ascendiente ou descendente. As Comunidades Autónomas enviarán directamente esta documentación á Axencia Tributaria. Número de Identificación Fiscal (NIF) de todos os solicitantes, así como dos descendentes e ascendientes con discapacidade. Para menores de 14 anos que non conten con NIF poderase solicitar un NIF coa letra "K" de menores nas oficinas da Axencia Tributaria. Alta na Seguridade Social ou mutualidad e prazos mínimos de cotización (nas solicitudes colectivas abonda con que o requisito o cumpra quen figure como primeiro solicitante).

Compatibilidade: Estas deduccións son compatibles e acumulativas, entre sí e coa deducción por maternidade de nais traballadoras con fillos < 3 anos, que se mantén.

Procedemento de solicitude.- Poderán solicitarse a partir do 7 de xaneiro de 2015 (Modelo 143):

De forma individual, por cada contribuínte con dereito ás deduccións ou de forma colectiva, por todos os contribuíntes que poideran ter dereito á deducción respecto dun mesmo ascendente, descendente ou familia numerosa. Por Internet (Sede electrónica da AEAT, con DNI e, certificado dixital ou Cl@ve-PIN por cada solicitante), telefónicamente (901 200 345 ,achegando casilla 415 do IRPF 2013) ou nas Delegacións e Administracións da AEAT.

As axudas poderanse solicitar tamén de forma presencial, a partir do 3 de febreiro, nas oficinas da Axencia Tributaria. Resumo da modificación do regulamento do IRPF (Ministerio).- Máis información Axencia tributaria