Inauguración da exposición "Coas Nosas Mans VI"

Hoxe, ás 17:00 horas na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo de Xove, tivo lugar a INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “COAS NOSAS MANS VI”, que contou coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de servizos sociais Ana Abad, as profesoras de bordado (Carmen García) e bolillos (Mercedes Barro), así como numeras alumnas dos obradoiros de tempo libre.

A exposición, organizada pola Concellería de Sanidade, Servizos Socias, Xuventude, Muller e Igualdade, vai estar aberta dende hoxe ata o 31 de agosto na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo.

Dende fai unha década aproximadamente o Concello de Xove ven organizando obradoiros de tempo libre dirixidos a mulleres. Entre eles, os talleres de bordado e bolillos contaron sempre con moita aceptación. Non supoñen tan so un espazo para a apredizaxe e o intercambio de coñecementos, senón tamén un lugar de encontro e relación, onde as mulleres do noso concello comparten as mesmas aficións.

COAS NOSAS MANS VI” pretende ser unha mostra dos traballos artesanais elaborados durante o curso 2012-.2013, e un recoñecemento á labor feminina, en moitas ocasións pouco valorada. Nesta exposición podemos contemplar diferentes bordados ( vainicas, bordado iuguslavo, punto de cruz, de palestrina, de cadeneta, bordado de lagartera, bordado mallorquín,…), encaixes de bolillos, ganchillo, frivolité, etc.