Programa de Balnearios Termais (Deputación de Lugo)

Acaba de abrirse o programa polo que ás persoas beneficiarias facilítaselles o acceso aos tratamentos termais que ofrece a provincia, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida ao tempo que potencia a dimensión económica da riqueza medioambiental da provincia, en particular das súas augas mineromedicinais. Bases da convocatoria (BOP nº 131 do 8/06/2013)

Km0 Balnearios no Camiño ofrece un total de 1.200 prazas nos balnearios lucenses dos Concellos de Lugo, Pantón, Palas de Rei e Guitiriz, das que se poderán aproveitar os lucenses maiores de 50 anos entre os meses de xuño e decembro dirixido a persoas Maiores de 50 anos empadronadas na provincia de Lugo. Cada beneficiario/a poderá acudir con unha persoa acompañante, que poderá participar no programa aínda que non cumpra os ditos requisitos.  

folleto informativo

Servizos ofertados: 6 días con 5 noites de estancia; 5 pensións completas : Día de entrada (domingo): incluídos cea e aloxamento.- Día de saída (venres): incluídos almorzo e comida.- 8 técnicas de balneario.- 1 recoñecemento médico á chegada.- De luns a xoves: programa de animación sociocultural. Prazo de solicitude: 7 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación das bases no BOP. Ata o 15 de xuño de 2013.

Documentación :SolicitudeDeclaración xurada     Máis información Tel. 982 260 075