Viaxe cultural da escola de maiores a Allariz

Onte,  9 de maio, 35 membros da Escola de Maiores do Concello de Xove viaxaron ao Concello de Allariz, nunha das súas visitas culturais, acompañados/as pola Educadora Familiar, Dna. Angelica Casabella Quelle e a Concelleira de Servizos Sociais, Dna. Ana Abad López.

Á mañá, en compaña de Sonia, a Educadora Social e Pilar, Concelleira de Benestar do Concello de Allariz, visitaron o Fogar dos Maiores e o casco histórico de Allariz, declarado Conxunto Histórico Artístico desde o ano 1971. Logo do xantar  visitaron o Ecoespazo do Rexo, onde hai unha granxa escola, un centro de educación ambiental, fábrica de queixo e unha intervención artística sobre rochas e árbores (Agustín Ibarrola), todo á beira do río Arnoia.

 

viaxemaioires