Prestación económica por fillos menores de tres anos para o ano 2013.

Por parte da Xunta de Galicia, comunícase a apertura do prazo para a  prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, sendo a contía da prestación de 360 euros por cada un dos fillos/as, sen que o mesmo fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.

Persoas beneficiarias: Aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2013 (nacidos entre o 2.1.2010 e o 1.1.2013, inclusivos) e que, durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2011 e o 31 de decembro de 2012, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

Os estranxeiros que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España, e os requisitos establecidos nesta norma e teñan a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto da renda das persoas físicas.

En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos/as, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.