Solicitude para Balnearios IMSERSO 2013

Xa está aberto o prazo de presentación:

Requisitos das/dos solicitantes:

1.Ser pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación ou invalidez e, en todo caso, polo concepto de viuvez ou doutras pensións cando o beneficiario cumprira os 60 anos de idade. Tamén poderán ser beneficiarios/as das prazas os españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.

2.Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.

3.Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.

4.Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.

5.Acadar de conformidade coa valoración establecida a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:

 

O/A solicitante poderá ir acompañado do seu cónxuxe ou da persoa con quen conviva en relación de parella, para a que non se esixe a obriga de percibir pensión da Seguridade Social.
Beneficios:
As quendas terán unha duración de 12 ou de 10 días cada unha comprendendo os seguintes servizos:
•Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
•Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final.
•Póliza colectiva de seguro.
•Transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I, dende a localidade máis achegada ao balneario hasta a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao rematar mesmo.
•En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.
Documentación:
Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.
Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2012, deberá formalizar nova solicitude e informe médico:
•Solicitude. A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.
Lugar de presentación:
•Servizos Sociais Comunitarios,
•Centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar (centros sociocomunitarios, clubes da terceira idade, etc.)
•Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar