Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2025
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2025 (San Antón)
---> 1 de setembro de 2025 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
curso de Prevención de Riscos Laborais en Explotacións Agrogandeiras
- Detalles
-
Delegación de Agricultura
-
Creado en Miércoles, 08 Outubro 2014 11:31
-
Última actualización en Miércoles, 08 Outubro 2014 12:54
-
Publicado el Miércoles, 08 Outubro 2014 11:31
Anuncio de convocatoria dun curso de Prevención de Riscos Laborais en Explotacións Agrogandeiras, cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible
Taller: Curso de Prevención de Riesgos Laborais en Explotacións Agrogandeiras
Destinatarios: persoas traballadoras maiores de idade ocupadas ou desempregadas na actividade a que se dirixe o curso, con residencia ou centro de traballo actual ou anterior nalgún dos concellos incluídos nos plans de zona (ver anexo III adxunto).
Lugar: Oficina de Turismo Xove, Avda da Diputación s/n, 27870 Xove - Lugo .- Modalidade: presencial .- Datas: do 20 de outubro ao 24 de outubro.- Horario: de 16:00 h a 20:00 h.- Duración: 18 h.- Número de prazas: 20
Presentación das solicitudes ata o 15 de outubro ou no enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..- Teléfono de contacto: 986 78 35 82.- Máis información na web do ISSGA: http://issga.
ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS 2014
- Detalles
-
Delegación de Agricultura
-
Creado en Martes, 07 Outubro 2014 18:41
-
Última actualización en Jueves, 09 Outubro 2014 14:49
-
Publicado el Martes, 16 Setembro 2014 18:41
O vindeiro 8 de outubro, realizarase a ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS en Xove, diante do Cuartel da Garda Civil.
HORARIO: de 9:00 h a 13:30 h e de 15:15h a 18:00 horas
- Pode solicitar cita previa Por teléfono: 902.30.90.00 e a través da páxina web www.sycitv.com
SOLICITUDE PARA FACER FOGUEIRAS NO SAN XOÁN
- Detalles
-
Delegación de Agricultura
-
Creado en Viernes, 06 Xuño 2014 13:20
-
Última actualización en Domingo, 08 Xuño 2014 00:06
-
Publicado el Viernes, 06 Xuño 2014 13:20
A Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes acaba de sacar unha nota informativa, na que se abre o PRAZO PARA SOLICITAR AUTORIZACIÓN, para todos aqueles que queiran facer a tradicional Fogueira do San Xoán.
Pois ben, o prazo, que como dixemos xa está aberto, rematará o XOVES, 19 DE XUÑO. A Solicitude poderá facerse no Departamento de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello, sito no 1º andar da Casa Consistorial, en horario normal de oficina.
Non está demáis recordar que, para facer a tradicional fogueira, NON É VÁLIDO O PERMISO DE QUEIMA AGRÍCOLA.

Xornada de Formación Medioambiental
- Detalles
-
Delegación de Agricultura
-
Creado en Lunes, 26 Maio 2014 14:15
-
Última actualización en Sábado, 31 Maio 2014 11:03
-
Publicado el Lunes, 26 Maio 2014 14:15
Desenvolveuse hoxe a partires das 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico. Organizada dentro dun Programa da Mancomunidade da Mariña Lucense, contou coa colaboración organizativa da Concellería de Agricultura do noso Concello que preside Dolores Meitín.
A Xornada comezou cunha presentación do alcalde Demetrio Salgueiro, para continuación dar paso á ponente e técnica en medioambiente Mayra Moure, quen lles explicou aos 30 inscritos, máis outras persoas interesadas, o que é a compostaxe doméstica, co fin de que poidan facer o seu propio abono natural nas súas casas. Todo o que se poida reciclar nas propias casas, lóxicamente non vai a parar aos contenedores municipais, co cal se aforra nos gastos de recollida e transporte; por outra banda, o veciño sácalle un rendemento a eses residuos unha vez transformado en abono, xa que así aforra de mercar parte do mesmo, contribuindo todo isto á unha mellora do noso medioambiente.
Unha vez rematada a charla, aos previamente inscritos fíxoselles entrega dun composteiro co fin de que apliquen prácticamente nos seus domicilios o aprendido. Os composteiros foron doados por Sogama, quen colabora deste xeito na realización da Xornada.

Xornada formativa sobre compostaxe doméstica
- Detalles
-
Delegación de Agricultura
-
Creado en Miércoles, 21 Maio 2014 12:03
-
Última actualización en Miércoles, 21 Maio 2014 12:15
-
Publicado el Miércoles, 21 Maio 2014 12:03

Vai desenvolverse mañá, xoves 22 de maio, a partiras das 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico. Organizada dentro dun Programa da Mancomunidade da Mariña Lucense, conta coa colaboración organizativa da Concellería de Agricultura do noso Concello.
Para participar nesta Xornada, realizouse unha inscrición previa xa que había un número limitado de prazas, inscrición que se abriu a tódalas persoas do concello. Finalmente foron 30 as persoas que se inscribiron e que mañá van aprender como funciona a compostaxe doméstica.
A Xornada vaina impartir a Técnico en Medioambiente, Mayra Moure, quen lles vai explicar aos participantes o que é a compostaxe doméstica, co fin de que poidan facer o seu propio abono natural nas súas casas.
Unha vez rematada a charla, vaiselles facer entrega dun composteiro a cada un dos inscritos co fin de que apliquen prácticamente nos seus domicilios o aprendido. Os composteiros foron doados por Sogama, quen colabora deste xeito na realización da Xornada.
Solicitudes de Árbores Froiteiras, Forestais e Prantas de Xardín
- Detalles
-
Delegación de Agricultura
-
Creado en Jueves, 24 Outubro 2013 08:58
-
Última actualización en Viernes, 25 Outubro 2013 09:15
-
Publicado el Jueves, 24 Outubro 2013 08:58

Tódolos interesados en solicitar ÁRBORES FROITEIRAS, FORESTAIS E PRANTAS DE XARDÍN, poderán facelo nas oficinas da Delegación de Agricultura, dende o día 28 de outubro ata o 20 de decembro de 2013, onde poderán solicitar Albaricoques, Ciruelos, Cerezos, Maciñeiras, Perales, Nogales, Robles, etc.
Un dos obxectivos da Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes é o de contribuir á mellora do medio ambiente, motivando aos veciños de Xove a que planten especies autóctonas. A única condición para poder realizar a solicitude é ESTAR EMPADROADO NO CONCELLO DE XOVE.
A lista completa ...
Leer más:Solicitudes de Árbores Froiteiras, Forestais e Prantas de Xardín
ITV de Vehículos Agrícolas
- Detalles
-
Delegación de Agricultura
-
Creado en Martes, 08 Outubro 2013 13:41
-
Última actualización en Martes, 08 Outubro 2013 13:52
-
Publicado el Martes, 08 Outubro 2013 13:41
O vindeiro 9 de outubro, realizarase a ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS en Xove, diante do Cuartel da Garda Civil.
HORARIO: de 9:00 h a 13:30 h e de 15:15h a 18:00 horas.
* Pode solicitar cita previa: Por teléfono: 902.30.90.00 ou a través da páxina web: www.sycitv.com
Visita medioambiental dos veciños de Xove
- Detalles
-
Delegación de Agricultura
-
Creado en Lunes, 10 Xuño 2013 12:03
-
Última actualización en Lunes, 10 Xuño 2013 17:37
-
Publicado el Lunes, 10 Xuño 2013 12:03
O pasado venres 7 de xuño 40 veciños/as de Xove disfrutaron dunha visita medioambiental coa que o Concello quixo celebrar o Día Mundial do Medioambiente. Estas 40 persoas, acompañadas pola Concelleira de Agricultura Dolores Meitín, sairon de Xove ás 8:00 horas para realizar unha primeira parada na Casa Grande de Xanceda (en Mesía) co fin de visitar unha granxa ecolóxica. Despois de xantar e xa pola tarde tiveron a oportunidade de visitar o Complexo Medioambiental da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) en Cerceda. Ámbalas dúas visitas foron acompañadas por explicacións técnicas a cargo de responsables de cada un dos lugares que visitaron.
A convocatoria desta viaxe estivo a cargo da Concellería de Agricultura, dirixíndose a titulares de explotacións gandeiras e tamén a aquelas persoas que participaron no programa de compostaxe doméstico.
Coa viaxe, ademáis de colaborar nos actos de celebración do Día Mundial do Medioambiente, pretendeuse un dobre obxectivo: o primeiro foi o de mellorar a súa educación medioambienal, recibindo neste sentido valiosas explicacións nos lugares que visitaron, e o segundo consisteu en contribuir a concienciación medioambiental dos participantes.

>>>>>>>>---------pulse sobre a imaxe para ampliar-------------------<<<<<<<<<
FOGUEIRAS DE SAN XOAN 2013
- Detalles
-
Delegación de Agricultura
-
Creado en Miércoles, 05 Xuño 2013 14:49
-
Última actualización en Miércoles, 05 Xuño 2013 14:53
-
Publicado el Miércoles, 05 Xuño 2013 14:49
Con motivo da proximidade do día de SAN XOAN, informase a todos os veciños e veciñas que está aberto o prazo para solicitar a autorización do Concello para facer a tradicional FOGUEIRA, xa que NON é valido un permiso de queima agrícola.
A solicitude pode facerse no Departamento de Agricultura, Gandería e Montes do Concello de Xove.
O prazo para facer a solicitude rematará o Mércores 19 de Xuño.
Campaña de vacinacións caninas en Xove
- Detalles
-
Delegación de Agricultura
-
Creado en Viernes, 19 Abril 2013 10:26
-
Última actualización en Jueves, 25 Abril 2013 13:49
-
Publicado el Viernes, 19 Abril 2013 10:26
Vaise a facer unha Campaña Voluntaria de Vacinación Antirrábica, e de Desparasitación contra o quiste hidatídico, así como vacinación tetravalente (vacinación anual recomendada para previr as enfermidades caninas do moquillo, parvovirose, hepatite e leptospirose), emisión de nova cartilla- pasaporte, implantación de microchip e Certificado Veterinario Oficial segundo normativa de cans potencialmente perigosos, neste termo municipal.
A campaña será realizada polas veterinarias: Mª Sol Carreira Castro colexiada nº 862 e Silvia Roca Castro colexiada nº 1074. O calendario de paso será o seguinte:
-
- Xuances, Portocelo, Morás, Lago, Sumoas : Luns 29 de abril
- Xove, A Rigueira e Monte: Martes 30 de abril
As persoas interesadas deberán comunicalo no Departamento de Agricultura e Gandería do Concello de Xove ou chamando aos teléfonos das veterinarias (669.55.22.13 ou 667.23.18.36), con anterioridade ao día de paso.
Os prezos por cada un dos servizos son os seguintes:
-
-
Vacina rabia e tratamento antiparasitario contra a hidatidose: 15 €
-
Vacina tetravalente: 29 €
-
Emisión nova cartilla-pasaporte: 2 €
-
Implantación do microchip con crédito Alta Regiac: 33 €
-
Expedición crédito Regiac Cambio Titularidad: 10 €
-
Expedición crédito Regiac para microchip asumido: 15 €
Nota importante: POR SEGURIDADE, FÁGASE USO DO BOZO.
Charla medioambiental en Xove dirixida aos rapaces do IES Illa de Sarón
- Detalles
-
Delegación de Agricultura
-
Creado en Miércoles, 20 Marzo 2013 18:54
-
Última actualización en Miércoles, 20 Marzo 2013 18:57
-
Publicado el Miércoles, 20 Marzo 2013 18:54
DÍA INTERNACIONAL DEL ARBOL – 21 DE MARZO
Coincidindo coas celebracións internacionais do Día Internacional do Árbol, hoxe, ás 12:30 horas, 55 alumnos/as de 1º, 2º e 3º de ESO do IES Illa de Sarón asistiron no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove a unha charla-coloquio sobre o “papel dos bosques e a resposta da cidadanía”, a cal foi impartida por D. Antonio de María Angulo, enxeñeiro forestal e membro de PFEC España.
Antes da charla, os rapaces, acompañados polo ponente, tiveron a oportunidade primeiro de visitar a exposición “Economía verde y desarrollo rural, ¡Aprovechemos nuestros bosques!”, onde Antonio lles comentou de maneira xeral o contido da exposición. De seguido, xa no Salón de Actos, tivo lugar a charla, que durou uns 20 minutos, para posteriormente pasar ás preguntas, fase que durou cáseque 40 minutos, e na cal os rapaces/as do IES lle realizaron multitude de preguntas ao ponente.
A charla foi organizada polo Concello de Xove, aproveitando a presenza de D. Antonio de María, quen, pola tarde e no mesmo lugar, vai ofrecer outra charla-coloquio sobre "CERTIFICACIÓN DE GESTIÓN FORESTAL SOSTENIBLE", esta última dirixida a toda a poboación en xeral, e en especial aos propietarios/as de montes.
La exposición “¡Aprovechemos nuestros bosques!” sigue su recorrido por Galicia
- Detalles
-
Delegación de Agricultura
-
Creado en Martes, 19 Marzo 2013 08:26
-
Última actualización en Martes, 19 Marzo 2013 08:42
-
Publicado el Martes, 19 Marzo 2013 08:26
La exposición itinerante “Economía verde y Desarrollo rural. ¡Aprovechemos nuestros bosques!”, que PEFC España está presentando en varias provincias españolas, podrá visitarse en el municipio de Xove (Lugo) durante diez días del presente mes de marzo.
La muestra consta de varios paneles informativos que abordan cuestiones relacionadas con la Gestión Forestal Sostenible y la certificación forestal como herramienta idónea para cuidar los bosques. Permanecerá ubicada en la Sala de Exposiciones del Centro Cívico desde el jueves 14 al domingo 24 de marzo, y estará abierta al público en general de 18:00 a 21:00 horas. Los centros educativos de la comarca que lo deseen podrán visitarla en horario de mañana, previo aviso.
La exposición forma parte del proyecto “Desarrollo Forestal Sostenible 2013”, que PEFC España está desarrollando en varias Comunidades Autónomas, y cuyo objetivo es crear instrumentos piloto de planificación colectiva para potenciar, impulsar y desarrollar una gestión sostenible del territorio forestal. El proyecto está cofinanciado por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente y el FEADER. (Más información en: http://www.pefc.es/desarrollo_foresal.html)
PEFC España y PEFC Galicia animan a propietarios, gestores, administraciones, empresas, agentes sociales y ciudadanos, a cuidar, conservar y proteger los bosques, para que las futuras generaciones puedan seguir disfrutando de sus funciones sociales, ambientales y económicas, y para que sigan siendo motor de empleo y desarrollo en el medio rural.
Entrega de árbores froiteiras, ornamentais, forestais e plantas de xardín
- Detalles
-
Delegación de Agricultura
-
Creado en Martes, 05 Febreiro 2013 10:44
-
Última actualización en Martes, 05 Febreiro 2013 10:52
-
Publicado el Martes, 05 Febreiro 2013 10:44
Un ano máis a Concellería de Agricultura vai proceder á entrega de árbores a todos os veciños/as que o solicitaron.
Concretamente, mañá MÉRCORES 6 DE FEBREIRO vai ter lugar a entrega das árbores froiteiras, autóctonas e tamén plantas de xardín solicitadas nesta campaña 2012/13, campaña que tivo unha excelente acollida.
A entrega realizarase en horario de 10:00h a 13:00h, nun local axeitado para tal fin, anexo ó Concello, enfrente á Residencia da 3ª Idade.
Entregados 30 composteiros a veciños/as de Xove
- Detalles
-
Delegación de Agricultura
-
Creado en Lunes, 21 Xaneiro 2013 19:06
-
Última actualización en Lunes, 21 Xaneiro 2013 19:06
-
Publicado el Lunes, 21 Xaneiro 2013 19:06
O noso Concello está a participar nun Plan Piloto de SOGAMA sobre COMPOSTAXE DOMÉSTICO. No mesmo están incluidas 30 familias de Xove, a cada unha das cales se lle entrega hoxe un composteiro, que é un recipiente que se utiliza para facer compostaxe.
O acto de entrega desenvolveuse hoxe, a partires das 17:00 horas no Salón de Plenos do Concello, coa presenza do Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Agricultura Dolores Meitín. Esta última, antes de realizar a entrega dos composteiros, deu unha ampla expicación do manexo dos mesmos, co fin de que os veciños/as que van disfrutar desta experiencia pioneira o fagan da mellor maneira posible, para poder sacarlles o máximo partido a estes artilugios.
Para poder participar nesta experiencia piloto houbo unha inscrición previa que se realizou na Oficina de Dolores Meitín, a Concelleira de Agricultura do noso Concello.
Con este plan piloto trátase, en definitiva, de recuperar unha práctica tradicional en Galicia como é a separación dos desperdicios orgánicos, ben para alimento de gando ou ben para fabricación de abono. A diferenza é que agora modernízase o proceso, dotando aos fogares participantes cos medios necesarios.
Leer más:Entregados 30 composteiros a veciños/as de Xove
Plan piloto en Xove sobre compostaxe doméstico
- Detalles
-
Delegación de Agricultura
-
Creado en Viernes, 30 Novembro 2012 14:54
-
Última actualización en Viernes, 07 Decembro 2012 16:44
-
Publicado el Viernes, 30 Novembro 2012 14:54

O noso Concello vai participar nun Plan Piloto de SOGAMA sobre compostaxe doméstico. No mesmo van participar 30 familias de Xove, a cada unha das cales se lle vai entregar un composteiro, que é un recipiente que se utiliza para facer compostaxe. No momento en que se lles entregue, a cada familia váiselle dar unha explicación para que poidan usar o composteiro de forma correcta.
Calquer persoa ou familia, a partires de agora mesmo, que queira participar nesta experiencia piloto, o pode facer apuntándose na Oficina de Dolores Meitín, a Concelleira de Agricultura do noso Concello.
Con este plan piloto trátase, en definitiva, de recuperar unha práctica tradicional en Galicia como é a separación dos desperdicios orgánicos, ben para alimento de gando ou ben para fabricación de abono. A diferenza é que agora modernízase o proceso, dotando aos fogares participantes cos medios necesarios.
Leer más:Plan piloto en Xove sobre compostaxe doméstico
Aberto o prazo para solicitar árbores durante o ano 2012
- Detalles
-
Delegación de Agricultura
-
Creado en Martes, 16 Outubro 2012 14:41
-
Última actualización en Martes, 16 Outubro 2012 19:48
-
Publicado el Martes, 16 Outubro 2012 14:41

O prazo para solicitar ÁRBORES FROITEIRAS, FORESTAIS E PRANTAS DE XARDÍN, estará aberto no Departamento de Agricultura, Gandería e Montes (Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.) dende o día 29 de outubro ata o 21 de decembro de 2012.
Algúns dos que se poden solicitar:
Albaricoques Camelias Cerezo Higuera Kiwis Limonero Manzano Melocotonero Naranjo Nectarina Pino Pinaster Rosal Trepador Zorolleiro
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|