Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Segue aberto o prazo de solicitude de plantas....

Segue aberto o prazo de solicitude de plantas no departamento de agricultura  

O Concello de Xove lembra a todos os veciños e veciñas que segue aberto o prazo para solicitar árbores froiteiras, autóctonas, ornamentais e plantas de xardín ata o vindeiro 30 de decembro.

Como vén sendo habitual cada ano, o Departamento de Agricultura do Concello de Xove pon en marcha esta campaña co obxectivo de fomentar a plantación de especies forestais, árbores autóctonas, froiteiras e plantas ornamentais á vez que trata de potenciar a repoboación con especies autóctonas e mellorar o adecentamento de xardíns e espazos privados.

Así mesmo, o Concello de Xove pretende facilitar aos seus veciños e veciñas o acceso ás especies demandadas a prezos competitivos, evitando desprazamentos innecesarios aos viveiros da comarca e ofrecendo unha maior comodidade na adquisición das plantas.

Nova convocatoria de Axudas para Vaciado de Fosas Sépticas no Concello de Xove.

Este martes ven de publicarse no BOP do 18 de novembro o extracto da resolución de alcaldía pola que se aproba a convocatoria en rexime de concurrencia non competitiva das axudas para o vaciado de fosas sépticas ou outros sistemas individuais de xestión de augas residuais no Concello de Xove.

As presentes axudas irán destinadas a potenciar a debida xestión dos residuos xerados nas fosas sépticas ou outros sistemas individuais de xestión de augas residuais sitos en contornas sen rede de sumidoiros municipal.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas maiores de idade titulares de inmobles residenciais ou de establecementos de aloxamento turístico e de restauración suxeitos á normativa galega de turismo en vigor sitos no termo municipal do Concello de Xove en entornos sen rede de sumidoiros municipal que estea provistos de fosas sépticas ou outros sistemas individuais de xestión de augas residuais.

A cuantía máxima de cada persoa beneficiaria será de 200 euros e a contía máxima destinada ás presentes axudas é de 5.000 €.

O prazo establecido para a presentación de solicitudes abarcará dende o 1 de xaneiro de 2026 ata o 10 de decembro de 2026 pero incluirán os vaciados realizados xa dende o 1 de outubro deste ano.

Para máis información pódense dirixir ao Departamento de agricultura e gandeiría do concello e a documentación a presentar será o impreso oficial acompañado da documentación esixida na convocatoria e pódese presentar a través da Sede electrónica do Concello de Xove Sede Electrónica de Xove ou ben presencialmente no Rexistro Xeral do Concello.

Medidas contra a gripe aviaria

BANDO

INCLUSIÓN DO CONCELLO DE XOVE NAS ZONAS DE ESPECIAL RISCO ANTE A INFLUENZA AVIARIA (GRIPE AVIARIA)

O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE XOVE FAI SABER

PRIMEIRO.- O Concello de Xove e o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, a través da modificación da Orde APA/331/2025, de 2 de abril, publicada no BOE nº 84 do 07.04.2025, do Concello de Xove dentro das zonas de especial risco ante a influencia aviaria (ZER).

SEGUNDO.- Con data 10 de novembro de 2025 o concello de Xove, recibiu comunicación da Consellería do Medio Rural, na que se informa que o pasado o pasado 5 de novembro de 2025, o MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN determinou que desde o 10 de novembro (incluído) son aplicables as medidas de prevención polos concellos incluídos nas zonas de especial risco (ZER) e de especial vixilancia (ZEV) establecidos na Orden APA 2442/2006, pola que se establecen medidas específicas de protección en relación coa influenza aviaria.galiñas

A situación epidemiolóxica actual da influenza aviaria de alta patoxenicidade (IAAP) e de alto risco en toda a Unión Europea, onde se confirmaron desde o 1 de xullo e ata o 5 de novembro, 139 focos en aves de curral, 708 en aves silvestres e 33 en aves cativas. Destes, en España foron notificados 14 en aves de curral, 68 en aves silvestres e 5 en aves cativas. Na nosa Comunidade Autónoma foron 9 os focos declarados en aves silvestres.

•  Queda prohibida a cría de aves de curral ao aire libre. Todos os propietarios de aves deben recluír as súas aves en instalacións pechadas a cuberto. Con todo, cando isto non sexa posible, poderanse manter as aves ao aire libre sempre que se instalen medios como teas paxareiras ou outros dispositivos que impidan a entrada de aves silvestres, e sempre que se alimente e abreve ás aves de curral no interior das instalacións ou nun refuxio que impida a chegada de aves silvestres e evite o contacto destas cos alimentos ou a auga destinados ás aves de curral.

•  Queda prohibida a cría de patos, ocas e gansos con outras especies de aves de curral.

• Queda prohibida a utilización de paxaros das ordes Anseriformes (parrulos ou similares) e Charadriiformes (gaivotas e similares) como reclamo en actividades cinexéticas.

• Queda prohibido dar auga ás aves de curral procedente de depósitos aos que poidan acceder aves silvestres, salvo no caso de que se trate esa auga con métodos que garantan a inactivación do virus da influenza aviaria.

• Os depósitos de auga situados no exterior requiridos por motivos de benestar animal para determinadas aves de curral, deben estar protexidos suficientemente fronte as aves silvestres ou as súas dexeccións.

• Queda prohibida a presenza de aves de curral ou outro tipo de aves cativas (p. ex. aves ornamentais ou similares) nos centros de concentración de animais definidos no artigo 3.7 da Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, incluíndo os certames gandeiros, mostras, exhibicións e celebracións culturais, así como calquera concentración de aves de curral ou outro tipo de aves cativas. Con todo, a autoridade competente da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de sanidade animal poderá autorizar ditas concentracións sempre que se efectúe unha avaliación do risco que dea un resultado favorable.

As medidas establecidas na actual situación de risco son de aplicación para calquera tipo de explotación avícola, sexa industrial, artesanal ou de pequena capacidade, así como tamén para os currais familiares de autoconsumo.

TERCEIRO.- Que as ditas medidas adoptadas polo MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN poderán ser revisadas pola dita Administración estatal, en función da situación epidemiolóxica con respecto á dita enfermidade infecciosa das da gripe ou influenza aviar

Asdo. José Demetrio Salgueiro Rapa

Alcalde-Presidente do Concello de Xove

Solicitude de árbores ...

CARTEL ÁRBORES 2025-26 page-0001

ITV vehículos Agrícolas 2025

itv vehiculos

Curso de alimentación e nutrición apícola en Xove

Este pasado fin de semana ven de impartirse un curso de Alimentación e nutrición apícola en Xove.O curso levouse a cabo na aula de formación do concello de Xove, nas mañás do sábado 27 e domingo 28, da man do veterinario Javier Fontaiña, da Casa do Mel de Goente.

Durante 10 horas a programación combinou parte teórica e parte práctica. Na teoría trataron conceptos básicos, formación e materias primas en apicultura e fabricación de alimento e na parte práctica elaboraron in situ, cos ingredientes necesarios, alimento para as abellas. Con esta programación o obxectivo deste curso era amosarlle aos apicultores e aos afeccionados dunha maneira teórico-práctica a identificar os distintos tipos de alimentos que utilizar na alimentación das suas abellas así como a analizar os beneficios que poden conseguir no manexo da colmea grazas a unha correcta alimentación.

Este curso foi financiado pola Xunta de Galicia dentro dos plans de accións formativas cos que contan e cofinanciado pola Unión Europea.

Na presentación do curso estivo presente o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, que agradeceu a asistencia de todo o alumnado, a disponibilidade e atención da Casa do Mel e o financiamento das distintas institucións para que este curso se levase a cabo en Xove. 

IMG-20250928-WA0018

IMG-20250928-WA0012

 

Avispa Velutina ...

aviso VESPA VELUTINA II

Curso de Apicultura en Xove

Ven de rematar no Concello de Xove un intenso curso de 30 horas de duración acerca da Selección e cría de raíñas.

A través da Consellería de Medio Rural, da Axencia Galega da Calidade Alimentaria AGACAL, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e do FEADER, a CASA DO Mel de Goente (As Pontes) impartiu un curso de Selección e cría de raíñas na aula de formación do Concello de Xove en horario de 9 a 14 h e durante 6 intensos días durante os cales, ademáis da parte práctica nun colmenar en Villalpol, na parroquia de Portocelo, trataron o seguinte temario:

  • 1. Ciclo de vida das abellas
  • 2. Identificación dos distintos estados larvarios
  • 3. Selección
  • 4. Cría de Abázcaros
  • 5. Métodos de división de colmeas
  • 6. Métodos de cría de raíñas
  • 7. Taslarve
  • 8. Formación de colmea criadora (método Cloake)
  • 9. Formación de núcleos e paquetes de abellas
  • 10. Marcaxe de raíñas
  • 11. Métodos de introdución de raíñas

O alumnado quedou encantado e á espera de máis cursos debido á gran afección pola apicultura que hai pola zona.

Cartel Abejas Fotografía Amarillo con tfno 1

FOTOGRAFÍA DOS ASISTENTES Ó CURSO

IMG-20250615-WA0003

 

Fogueiras de San Xoan e San Pedro 2025

cartel ok fogueiras San Xoan e San Pedro 2025

Presentación da Feira de Gando Cabalar 2025

A 27º Feira de Gando Cabalar será  en Lago (Concello de Xove) o vindeiro domingo 18 de maio.

Na presentación estaba Leandro Quelle e Rubén Rubiños como membros da Asociación Equina A Medela, organizadora da feira, acompañados polo alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a concelleira de agricultura Dolores Meitín.

Dende o Concello de Xove invitamos a toda a veciñanza e tamén a todos aos afeccionados/as ao mundo do gando a que se acerquen disfrutar dunha xornada familiar na parroquia de Lago.

 

Presentación Cartel Feira Lago 2025

27 Feira Nacional de Lago 2025

Xove: Zona de risco da Gripe Aviaria

NOVO BANDO ZER AVIAR DE DATA 15.04.2025 1 page-0001

NOVO BANDO ZER AVIAR DE DATA 15.04.2025 1 page-0002

 -----

Publicación de parcelas sin dono coñecido para a xestión da biomasa

franxa

Este xoves 27 de marzo ven de salir publicado no DOG e no BOE o listado de parcelas de propietarios descoñecidos ou con erros catastrais que están afectadas pola faixa dos 50 metros de protección de incendios aos núcleos rurais e as vivendas illadas que deben facer os traballos de xestión da biomasa e, de ser o caso, retirar as especies arbóreas prohibidas antes de rematar o mes de maio.

Axudas para baleirado de fosas sépticas

fosa

O Concello de Xove ven de sacar unhas liñas de axudas para baleirado de fosas sépticas ou outros sistemas individuais de xestión de augas residuais para o exercicio 2025.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas titulares de inmobles residencias sitos no termo municipal do concello de Xove en contornas sen rede de saneamento municipal que estean provistos de fosas sépticas ou outros sistemas individuais de xestión de augas residuais en sitios sen rede de sumidoiros municipal.

As bases foron públicadas no BOP do 8 de marzo e pódense ver tamen no taboleiro de anuncios do Concello de Xove.

Entregamos ós árbores solicitados....

Cada ano  o Departamento de Agricultura do Concello de Xove promove a convocatoria da campaña de plantación de especies forestais, árbores autóctonas, froiteiras e plantas de xardín.

Os veciños e veciñas de Xove puideron facer as solicitudes durante os meses de novembro e decembro do ano pasado e o martes 4 de febreiro fíxose a entrega das cerca de 300 especies solicitadas, principalmente árbores autóctonas e froiteiras.

O Concello de Xove pretende facilitar aos seus veciños as especies demandadas a uns precios competitivos e á vez, para máis comodidade, evitar que se teñan que desprazar ata os viveiros da localidade para conseguir as plantas. Con esta actividade medioambiental de plantación tamén se  pretende as repoboacións con árbores autóctonas e tamén o adecentamento de xardíns.

 

ENTREGA DE PLANTAS 24-25

Solicitudes de árbores autóctonos e frutais

Cartel 2024-25 page-0001

ITV vehículos Agricolas 2024

itv vehiculos agricolas 2024

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo