Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

ITV vehículos Agricolas 2024

itv vehiculos agricolas 2024

Charla informativa a gandeiros...

Dende o Concello de Xove informamos que temos feita unha convocatoria a tódolos gandeiros e gandeiras do municipio  para unha charla informativa para este venres día 20 de setembro ás 20 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove.

Trátase de facer un estudo para valorar a colocación dunhas antenas (eléctricas ou solares) que aporten cobertura con rede Lora WAN en todo o termo municipal e así os gandeiros e gandeiras poidan acceder a uns colares que faciliten o seguimento do seu gando vacún e cabalar a través dos seus aparellos móbiles.
 
Na charla informativa estará presente o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e Mario Rouco da empresa INNOGANDO.
 
innogando

Curso de Cría de Raiñas con Abella Autóctona

Cría de raíñas Xove 2024

Fogueiras 2024

cartel  fogueiras 2024

 

TAMÉN SE PODE FACER  A TRAVÉS DA SEDE ELECTRONICA DO CONCELLO, USANDO A SOLICITUDE XERAL E

ENGADINDO  A DECLARACIÓN RESPONSABLE QUE PROCEDA (SAN PEDRO OU SAN XOAN).

 

 

Curso de Iniciación á Apicultura

 O Concello de Xove ven de iniciar esta mañá o curso de iniciación á apicultura. Este curso levarase a cabo na aula de formación do Concello hoxe sábado 13 de abril e mañá domingo 14 en horario de 9:00 a 14:00 h e o próximo domingo 21 de abril de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 h.

0|1|1

O curso de 20 horas de duración contará con un 50 % de formación práctica nun colmear se as condicións climatolóxicas o permiten.

Sobre unha veintena de alumnos e alumnas conforman este curso, que conta co seguinte programa:

-Bioloxía no enxame. O apicultor/ A Apicultora. A colmea.

-Instalación do apiario. Flora melífera. Reprodución do enxame.

-Saúde das abellas: Avespa velutina. Varroa. Loque.

-Produtos das abellas; mel, pole, própole, xelea, cera. Colleita e comercialización.

O Concello de Xove é o que organiza e financia este curso, impartido pola Casa do Mel de Goente-As Pontes (Coruña).

Trampeo antivelutinas no Concello de Xove

 O CONCELLO CONTINÚA A LOITA CONTRA AS RAIÑAS DE VELUTINAS

   O noso Concello continúa co seu plan de loita contra as velutinas.IMG-20240318-WA0067

O Concello de Xove novamente ven de iniciar nesta campaña 2024 o trampeo profesional antivelutinas a través de un contrato coa empresa SERPA (Servicio Privados Anti-Velutina), a cal xa coas actuacións de anos anteriores conseguirá reducir notablemente os niños de velutina.

Este ano a empresa ven de instalar entre o 16 e o 19 de marzo sobre unhas 400 trampas xeolocalizadas e repartidas por todo o termo municipal para capturar reinas de velutinas que son as que fan agora en primaveira os niños.

É o momento de colocar estas trampas porque así capturándoas podemos evitar uns 3 niños que pode facer cada unha delas e uns 25000 ovos que chegan a poñer na sua vida útil.

As accións de trampeo en Xove prolongaranse ata xullo e levaranse a cabo unhas 6 reposicións de líquido atraente nas mesmas durante estes meses dando lugar a un total de 2400 reposicións que fan que as trampas esteñan funcionando permanentemente.

Se o anterior é importante, para continuar con esta loita de erradicación tamén hai que ter en conta á poboación local, a cal pode axudar moito a esta loita colocando as súas propias trampas.

A reducción do número de niños é notable cando se realizan ben os trampeos, podendo ser de un 75% de niños menos si se fai ben esta laboura, polo que se pide colaboración aos veciños.

Preténdese que a xente sepa autoprotexerse ante a aparición de niños no entorno familiar, posto que os niños primarios que salen agora ó principio sempre comezan a colocarse a baixa altura e aconsellase colocar trampas tamén nos xardíns para evitar que as reinas construían eses niños cerca das vivendas.

Con este fin tamén está previsto que personal da empresa SERPA se desprace ao noso Concello esta tempada, seguramente un mércores para facer coincidir con día de mercado en Xove, e instale un posto no cal poida repartir gratuitamente trampas entre os veciños e veciñas que se interesen, á vez que asesoralos en todo o tema relacionado co trampeo para a loita contra a velutina. O xerente da empresa sempre que fai entrega destas botellas-trampas acompañaas dun folleto explicativo, no que inclúe 2 receitas ou mezclas de líquido para a captura das raíñas:

   Mezcla 1: 1 litro de zumo de arándanos + 1 bote de cervexa negra con alcohol.

   Mezcla 2: 1 litro de auga + 1 pocillo de azúcar + 25 gramos de levadura de panadería.

   Ademáis todo isto ten unha dobre vertente medio ambiental:

     -Por un lado, a eliminación de raíñas e de velutinas contribúe á conservación dos nosos ecosistemas.

     - Por outro a utilización de botellas-tampa, para cuxa elaboración se poden usar botellas de plástico, contribúe tamén ao reciclaxe, xa que lle estamos dando unha segunda vida a esas botellas, que poden ser usadas durante moito tempo para este fin, chegando só con renovarlles o líquido.

XXV RUTA CABALAR

Os cabaleiros da Asociación Equina a Medela están organizando o XXV Aniversario da fundación da Asociación, celebración centrada na XXV RUTA CABALAR que se vai desenvolver o DOMINGO 17 DE MARZO e que foi presentada hoxe no Concello. O Programa que van desenvolver é o seguinte:

   -10:00 h. RUTA A CABALO. Saída do Campo da Igrexa de Sumoas (Xove), pasando pola Lagüela (Xove), erntorno da Praia de Lago, entorno dos Cantís de Papel de Morás e retorno ao lugar de saída. A metade da Rutas vanse servir uns pinchos para os participantes. Rematada a Ruta vai haber un xantar na carpa ubicada no Campo da Igrexa de Sumoas (Xove) servido pola Pulpería Mario. Rematado o xantar, todos os/as asistentes van disfrutar dunha sobremesa musical amenizada por un grupo, e tamén participarán nun sorteo de agasallos. Para todas as persoas que queiran inscribirse, o poderán facer ata o 13 de marzo (incluído), cun custo de 30€ por persoa.
 
Por parte da Asociación “A Medela” comunicarlles a todos os/as participantes que a Asociación non se fará responsable de ningún accidente quer puidera orixinarse durante a celebración desta Ruta Cabalar; cada xinete será responsable dos danos que puidera ocasionar.Esta actividade, que como dixemos antes está organizada pola Asociación, conta coa colaboración do Concello de Xove.
 
   Para unha maior información:
   -637 562 351 Leandro.
   -690 861 415 Rubiños
   -629 810 710 Bigotes
   -616 631 495 Rodrigo
 
 
 
CARTEL
 
PRESENTACION 1
 
 

Solicitude Arbores Autóctonos e Frutais 2023

frutales

ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS 2023

itv

CURSO INICIACIÓN Á APICULTURA

SOLICITUDE---->foagro - Xunta de Galicia

ap1

Leer más:CURSO INICIACIÓN Á APICULTURA

Feira de San Isidoro de Monte 2023

cartel feira 2023

Charla informativa Velutinas 2023

Charla informativa que tivo lugar o pasado 26 de xullo sobre o funcionamento das vespas velutinas e como se leva a cabo o trampeo para reducilas. Esta xornada contou con José María Vázquez da empresa SERPA, que ao mesmo tempo reparteu polo mercado entre os veciños trampas caseiras para loitar contra a presenza das velutinas.

 
velut1velut3
 
 
 
velut4
 
velut2

Colaboración veciñal contra as Velutinas

aviso belenddd

Obrigas en materia de Prevención de Incendios. 2023

 CIRCULAR

RECORDATORIO DE OBRIGAS EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS

Tendo coñecemento esta Alcaldía da existencia, tanto no núcleo urbano de Xove coma en diversos núcleos rurais do termo municipal, de parcelas que incumpren o establecido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (e as modificacións posteriores), e na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de Montes, no relativo á xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas.

RECÓRDASE a todas as persoas físicas e xurídicas titulares de parcelas que non están cumprindo a normativa existente, que teñen a obriga de xestionar a biomasa vexetal (traballos de roza) e á corta e retirada das especies arbóreas prohibidas (eucalipto; piñeiro galego; piñeiro do país; piñeiro silvestre; piñeiro de Monterrey; piñeiro de Oregón; mimosa; acacia negra; queiruga; carqueixa; xesta; uz, carpaza; xesta, piorno; fento; silva; e toxo) ANTES DO 31 DE MAIO DE 2023.

anexo

Xornadas Divulgativas PAC 2023-2027

CartelViveiro

ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS 2022

O LUNS 31 DE OUTUBRO DE 2022 realizarase a ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS en Xove, diante do Cuartel da Garda Civil (Xove).

HORARIO:   • 9:00 h a 13:30 h   • 15:15h a 18:00h.      ???? PODE SOLICITAR CITA PREVIA: • Por teléfono: 902 30 90 00 • A través da páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
 
agria

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo