…para mozas e mozos – Programa “ACTIVA”

Dende a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove,  organizouse para o próximo día 20 de abril, en horario de 17:00 a 19:00 horas, o obradoiro “Programas e axudas para mozas e mozos”, que forma parte do Programa “ACTIVA”  da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

/>Esta xornada vai destinada a mozos e mozas menores de 30 anos, persoal técnico  local de emprego, animadoras e animadores xuvenís, responsables municipais de xuventude, asociacións, grupos informais e, en xeral, calquera colectivo interesado no ámbito da xuventude.LOGO_REDE_GALEGA

Entre os contidos desta xornada destacan a información sobre a estrutura da rede galega de información e documentación xuvenil, instalacións da Xunta de Galicia a disposición da xuventude, espazos xove (casas da xuventude), participación e asociacionismo, emprego, vivenda, ensino e bolsas.

Este obradoiro pode ser de interese para a poboación xuvenil da Mariña Lucense e  para todas aquelas persoas que están en contacto coa xuventude, dahí que dende a Concellería de Xuventude se realice un chamamento a todas aquelas persoas interesada da Mariña (mozos/as menores de 30 anos, técnicos de emprego, animadores xuvenís, responsables municipais de xuventude, asociacións, etc.), para que participen neste obradoiro.

O obradoiro vaise desenvolver na Oficina Municipal de Información Xuvenil. Para participar basta con acudir o día 20 de abril ás 17:00 horas a esta Oficina; por parte da organización do obradoiro, e co fin de facilitar unha mellor organización e control, pídeselle aos participantes que, se poden, chamen antes do día 18 de abril ao teléfono  da OMIX de Xove (982571816) para confirmar a súa asistencia.