XXV RUTA CABALAR

Os cabaleiros da Asociación Equina a Medela están organizando o XXV Aniversario da fundación da Asociación, celebración centrada na XXV RUTA CABALAR que se vai desenvolver o DOMINGO 17 DE MARZO e que foi presentada hoxe no Concello. O Programa que van desenvolver é o seguinte:

   -10:00 h. RUTA A CABALO. Saída do Campo da Igrexa de Sumoas (Xove), pasando pola Lagüela (Xove), erntorno da Praia de Lago, entorno dos Cantís de Papel de Morás e retorno ao lugar de saída. A metade da Rutas vanse servir uns pinchos para os participantes. Rematada a Ruta vai haber un xantar na carpa ubicada no Campo da Igrexa de Sumoas (Xove) servido pola Pulpería Mario. Rematado o xantar, todos os/as asistentes van disfrutar dunha sobremesa musical amenizada por un grupo, e tamén participarán nun sorteo de agasallos. Para todas as persoas que queiran inscribirse, o poderán facer ata o 13 de marzo (incluído), cun custo de 30€ por persoa.
 
Por parte da Asociación “A Medela” comunicarlles a todos os/as participantes que a Asociación non se fará responsable de ningún accidente quer puidera orixinarse durante a celebración desta Ruta Cabalar; cada xinete será responsable dos danos que puidera ocasionar.Esta actividade, que como dixemos antes está organizada pola Asociación, conta coa colaboración do Concello de Xove.
 
   Para unha maior información:
   -637 562 351 Leandro.
   -690 861 415 Rubiños
   -629 810 710 Bigotes
   -616 631 495 Rodrigo
 
 
 
CARTEL
 
PRESENTACION 1