Papá Nöel e os Reis Magos máis cerca dos nosos nenos

 Que este ano está a ser complicado non é unha novidade. O Covid-19 trastocou as nosas vidas de tal maneira que temos que estar constantemente reiventándonos. Pois ben, a novos problemas, novas solucións. Unha das preocupacións de moitas familias, e por ende, de moitos nenos e nenas, vai ser a visita de Papá Noel e dos Reis Magos. Os protocolos da Covid-19 aféctannos a todos, e a Papá Noel e aos Reis Magos por suposto que tamén. Dadas estas circunstancias, dende o Concello de Xove -e pensando nas ilusións dos nosos miudos, nesas datas especiais que fan que para eles sexan uns días máxicos- imos ofrecerlle a todas as familias de Xove un novo servizo, novo e moi novedoso.

Dende o Concello poñemos a disposición de todas as nosas familias unha plataforma para que os nosos nenos poidan falar con Papá Noel e cos Reis Mago. Os pais que queiran que Papá Noel ous os Reis Magos chamen aos seus fillos, terán que acceder ao portal www.nadal2020.es, e concertar unha cita cos representantes de Papá Noel e dos Reis Magos, os cales, na data e hora indicada lle farán aos neno/s nena/s unha vídeochamada online, a través do WASAP.

   Inscricións para PAPÁ NOEL: do 25 de novembro ao 17 de decembro.

   Pode ser que algún pai ou nai non teña wasap e non poida recibir a videochamada; pois ben, para que ningún neno/a  se quede sen poder falar con Papá Noel e cos Reis Magos, deberán chamar ao teléfono de información da plataforma 641 585 245, e dende ese teléfono facilitaránlle a ese pai ou esa  nai a maneira de que o neno/a poida falar con Papá Noel ou cos Reis. En todos os casos, a reserva de cita pode ser para Papá Noel, para os Reis Magos ou para ambos. Este servizo é de carácter totalmente gratuito para as familias, dado que os custos asúmeos o Concello.

 Dende o Concello de Xove, e máis concretamente dende a Concellería de Cultura, animamos a todos os pais e nais de Xove a entrar nesta plataforma www.nadal2020.es e pidan cita para que os seus fillos podan falar mediante videochamada con Papá Noel e cos Reis Magos. Se algún pai ou nan non pudiesen acceder a esta  plataforma, a través do teléfono 641 585 245 pódese arranxar o das chamadas aos nenos.

   REIS