Solicitude para facer Fogueiras no San Xoán 2018

 A Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello de Xove acaba de sacar unha nota informativa na que se informa da apertura do PRAZO PARA SOLICITAR AUTORIZACIÓN para todos aqueles que queiran facer a tradicional Fogueira do San Xoán.

  

O prazo, que se abre o próximo LUNS 4 DE XUÑO, rematará o MÉRCORES 20 DE XUÑO. A Solicitude poderá facerse no Departamento de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello, sito no 1º andar da Casa Consistorial, en horario normal de oficina.

   Non está demáis recordar que, para facer a tradicional fogueira, NON É VÁLIDO O PERMISO DE QUEIMA AGRÍCOLA.