Nova Ley de Montes: requerimentos ós propietarios
---requerimentos que deben cumplir os propietarios dos montes tras a modificación da Lei de Incendios---
- O monte constitúe un patrimonio esencial no medio rural galego polo que temos obriga de velar pola súa conservación, protección, rexeneración e mellora dos seus aproveitamentos. Ademáis, como o monte se ve ameazado pola propagación de incendios forestais é polo que temos que levar a cabo medidas preventivas que faciliten a loita contra o lume. Polo tanto segundo a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia é obriga dos propietarios dos montes próximos a núcleo urbano, núcleos rurais, vivendas illadas, urbanizacións, gasolineiras, parques industriais etc… ter todo rozado nunha franxa perimetral de 50 metros ao redor.
- NESES 50 METROS non pode haber ningunha das seguintes especies: piñeiro galego, piñeiro silvestre, piñeiro de monterrei, piñeiro de oregón, mimosa, acacia negra, eucalipto, brecina, carqueixa, xesta, queiruga, fento, silva e toxo. No suposto de incumprimento das obrigas citadas por parte das persoas responsables, os entes locais enviaranlle unha comunicación na que se lembrará a súa obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada das especies prohibidas a realizar por eles nun prazo máximo de 15 días naturais, advertíndolles da posibilidade de execución subsidiaria por parte das entidades locais no caso de incumprimento e sen prexuízo da instrucción do procedemento sancionador que corresponda e da aplicación de multas coercitivas por parte da Consellería do Medio Rural, se é o caso, segundo o procedemento establecido no artigo 22 da mencionada Lei de incendios. >----------------->Ley 3/2007 de incendios forestais
- O que afecta a nova Ley 9/2017 de medidas fiscales e administrativa de Galicia ..... la gestión de la biomasa será realizada por la persona propietaria de los terrenos edificados, para lo cual dispondrá de una servidumbre de paso forzosa para acceder a la faja establecida. Este acceso se hará durante el tiempo estrictamente necesario para el cometido de gestión de la biomasa, y por el punto menos perjudicial o incómodo para los terrenos gravados y, de ser compatible, por el más conveniente para el beneficiario. La retirada de especies arbóreas será realizada por el propietario de las mismas.
Para calquera dúbida ou consulta estamos á súa disposición no Departamento de Agricultura, Gandería e Montes do Concello de Xove.