A Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes acaba de sacar unha nota informativa na que se abre o PRAZO PARA SOLICITAR AUTORIZACIÓN para todos aqueles que queiran facer a tradicional Fogueira do San Xoán.
O prazo, que xa está aberto dende o pasado luns, rematará o MÉRCORES, 21 DE XUÑO. A Solicitude poderá facerse no Departamento de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello, sito no 1º andar da Casa Consistorial, en horario normal de oficina.
Non está demáis recordar que, para facer a tradicional fogueira, NON É VÁLIDO O PERMISO DE QUEIMA AGRÍCOLA.