Solicitude para facer fogueiras no San Xoán

A Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes acaba de sacar unha nota informativa na que se abre o Prazo Para Solicitar Autorización  para todos aqueles que queiran facer a tradicional Fogueira do San Xoán.  Pois ben, este prazo rematará o MARTES, 21 DE XUÑO. A Solicitude poderá facerse no Departamento de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello, sito no 1º andar da Casa Consistorial, en horario normal de oficina.

Lembre que para facer a tradicional fogueira,  NON É VÁLIDO O PERMISO DE QUEIMA AGRÍCOLA.