Recollida separada dos residuos domésticos.

O Estado Español propuxo unha modificación da Lei de Residuos na que se obriga aos concellos de + de 5.000 habitantes a facer a recollida separada da fracción orgánica de residuos domésticos, a partir do 31 de decembro de 2020, e no resto dos casos, antes do 31 de decembro do 2023.

  Implantar a recollida selectiva dos chamados biorresiduos.
Con esta iniciativa búscase conseguir os máis altos niveis de reciclaxe dos desperdicios domésticos e avanzar hacia un modelo de xestión de residuos máis eficiente e na liña marcada pola chamada economía circular que aboga por darlle unha nova vida aos residuos convertíndoos en recursos antes da súa reincorporación ao ciclo productivo.
 
LEVARANSE A CABO AS SEGUINTES CHARLAS NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO DE XOVE:
⏱ MÉRCORES 20 SETEMBRO --charla BIORRESIDUOS-- de 19h a 20h e de 20h a 21h.
⏱ MÉRCORES 27 SETEMBRO --charla BIORRESIDUOS-- de 19h a 20h e de 20h a 21h.
⏱ MÉRCORES 04 OUTUBRO --charla COMPOSTAXE--de 19h a 20h e de 20h a 21h.
 charla1
 
 
charla2
 
charla3