OBRADOIRO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE XOVE

  A Escola Municipal de Música de Xove ofrece, de xeito gratuíto, o Obradoiro de iniciación musical, que se levará a cabo durante o mese de xuño.

   Este obradoiro terá duración de catro sesións e realizaranse nas instalacións da Escola Municipal de Música, en Palmeiro. Está destinado a todos os rapaces dende primeiro de primaria en diante que lles guste a música. Poderán utilizar o instrumental do que dispón a Escola de Música.

Para inscribirse terán que cumprimentar unha folla de inscrición, e entregala presencialmente na Escola de Música o primeiro día do taller.

   O obradoiro realizarase os sábados 3, 10, 17 e 24 de xuño en horario de 11:00 a 12:00 h., finalizando a actividade coa participación conxunta no Concerto de Fin de Curso da escola de Música.

   Para unha maior información: Xulia Nogueira 677 838 812

----> FOLLA DE INSCRIPCIÓN

ESCOLAMUSICA