XXXIV TIRADA DE BOLOS - XXIII SUB 16 - XIV LIGA FEMININA (TEMPORADA 2022/2023)

 Tarde agradable e campo en perfectas condicións.

Liga Senior Masculina.- Importante victoria do líder e vixente campión. Coa súa victoria e os malos resultados dos seus inmediatos perseguidores, Miguel pon xa uunha importante distancia cos seus inmediatos perseguidores, e con 16 puntos sobre Javier Alonso pode afrontar as vindeiras tiradas con tranquilidade. Nas próximas tiradas veremos se Javier Alonso, Arturo López, Francisco Pérez,…poden seguir o ritmo de competición que está impoñendo Miguel, quen, menos na tirada do Cruceiro (5 de novembro) onde non puntuou, no resto quedou 1º ou 2º.

Liga Senior Feminina.- Nesta tirada Julia López volveuse humana, e foi superada por Belén Meitín e por unha gran Paula Campo, na súa mellor participación este ano.

A victoria de Belén aúpaa á segunda posición da táboa con 23 puntos, catro máis que Salomé Bermúdez, que ocupa a terceira posición con 19 puntos. Xa a unha distancia considerable temos a Concepción Piñeiro e Dolores Baño, con 9 puntos as dúas, Paula Campo con 7 e Carmen Roca con 6.

Liga sub 16.- Nesta Liga os Irmáns Cancelos Martínez, Jordi e Naia, siguen mandando na clasificación, xa que a súa regularidade participando en prácticamente todas as tiradas, fai que manteñan unha cómoda ventaxa. Pero bueno, Naia Cancelos está pisándolle os talóns ao seu irmán, a un só punto do liderato, razón polo cal esperamos un importante duelo pola cabeza entre eles nas vindeiras semanas.

   Para potenciar a participación nesta categoría a Concellería de Deportes do Concello de Xove, xunto co Departamento de Educación Física do Colexio Pedro Caselles Rollán, estamos celebrando unhas Xornadas de Promoción do Bolos para todos os alumnos/as do Colexio Pedro Caselles. Das tres xornadas previstas xa se celebraron as dúas primeiras, o martes 29 de novembero (cursos 1º e 2º de Educación Primaria), xoves 1 de decembro (3º e 4º) quedando por celebrar a terceira o vindeiro mércores 7 de decembro (5º e 6º).

A vindeira tirada do sábado 3 de decembro vaise desenvolver NO CENTRO SOCIAL DE MORÁS.

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE  SUMOAS (26 DE NOVEMBRO DE     2022)

31   INSCRITOS:   18 NA LIGA SENIOR, 3 NA LIGA SUB 16   E   10 NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO 308 12
SEGUNDO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 296 10
TERCEIRO JORDI MEITÍN SERANTES 286 8
CUARTO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 262 7
QUINTO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 253 6
SEXTO ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS 239 5
SÉTIMO DANIEL ALONSO LÓPEZ 239 4
OITAVO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 238 3
NOVENO ARTURO VIGO CASABELLA 237 2
DÉCIMO JAVIER ALONSO LÓPEZ 237 1
MELLOR BOLADA MIGUEL LÓPEZ FORMOSO 98 1
LIGA SENIOR – MAIORES DE 60 ANOS
PRIMEIRO JOSÉ LÓPEZ RIVEIRA 156 4
SEGUNDO ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 156 2
TERCEIRO JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ 123 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO NAIA CANCELOS MARTÍNEZ 50 6
SEGUNDO DAVID DÍAZ CAMPO 24 4
TERCEIRO JORDI CANCELOS MARTÍNEZ 12 3
CUARTO 2
QUINTO 1
MELLOR BOLADA NAIA CANCELOS MARTÍNEZ 25 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO 207 6
SEGUNDO PAULA CAMPO SUÁREZ 187 4
TERCEIRO JULIA LÓPEZ FORMOSO 176 3
CUARTO CARMERN ROCA CORRAL 170 2
QUINTO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN 124 1
MELLOR BOLADA BELÉN MEITÍN ROUCO 64 1