Campaña Anti-Velutina en Xove

A empresa SERPAS (Servicios Privados Antivelutinas) comezou hoxe a terceira campaña antivelutina en Xove. Trátase de trampeo profesional de captura de RAIÑAS VELUTINAS FUNDADORAS, que son as velutinas que crean os niños e son as que hai que erradicar como medida para, senón acabar coa plaga, feito moi difícil, si para diminuir a súa presenza no territorio.

   Na primeira campaña, ano 2020, rebaixouse a presenza da velutina a un 50%, na de 2021 a rebaixa chegou ao 80%. Os obxectivos para campaña deste ano sería chegar orredor do 90%, e en todo caso evitar o aumento da mesma, ousexa, traballar para unha estabilización da velutina e que a presenza da mesma sexa mínima.
 
CAMPAÑA ANTIVELUTINA EN XOVE 3
   Lóxicamente, a campaña vai incidir nos lugares onde se ten constancia de que inda hai velutina, e especialmente nos entornos poboacionais  e nos lugares de ubicación de frutais. Neste sentido, dende o Concello animamos a toda a poboación a sumarse a esta campaña, o cal axuda moito. Todas as persoas que queiran colabourar poden colocar autotrampas naqueles lugares que consideren, como entornos de vivendas, ubicación de trobos de abellas autóctonas ou plantacións frutais. O Concello reparteu hai tempo entre todos os veciños que o pediron unhas botellas autotrampas, as cales incluían un folleto explicativo de como facelas, o cal é moi sencillo.
   A campaña de SERPAS comezou hoxe e vaise extender ao longo da primaveira, ata entrado xullo. Lóxicamente,  agora é o momento der facer a campaña,  xa que é cando as velutinas comezan a instalar os seus niños.