PREMIO MEJOR VIDEOCLIP 2021: VELENO

 O realizador burelense Adrián Canoura vén de gañar un premio importante ao mellor videoclip, un festival alternativo pero que se consolidou plenamente nestes anos.

O videoclip realizado e dirixido por Adrián Canoura foi gravado en San Tirso de Portocelo, en Xove, onde están as ruínas do antigo asentamento celta, que agora se intenta recuperar, co Cantábrico ao fondo. O videoclip conta coa colaboración ademais do popular músico asturiano Rodrigo Cuevas , innovador e «rompedor» de clixés. Parabén ao novo realizador burelense, ao que desexamos éxitos.