Estado de Emerxencia=>Servizo de Impresión no Concello

DON JOSÉ DEMETRIO SALGUEIRO RAPA, Alcalde-Presidente do Concello de Xove,  FAI SABER,

Que o Concello de Xove, tras porse en contacto co IES Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón, pon a disposición de todas as familias de Xove o servizo de impresión de material educativo no caso de que non dispoñan de medios tecnolóxicos nas súas casas.1

As familias interesadas poden chamar ao teléfono do Concello (982592001), no que se lles facilitará un correo electrónico ao que enviar a documentación a imprimir xunto cos datos persoais, dirección e teléfono da/o interesada/o.

Persoal municipal acercaralle a impresión na maior brevedade posible.

Este servizo tamén estará disponible para rapaces e rapazas de ensinanzas de F.P ou universitarios/as que non dispoñan nos seus fogares destes medios de impresión.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos en Xove.