SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL ...

 SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL CON CONTRATO LABORAL DE DURACIÓN DETERMINADA POR SUBSTITUCIÓN ATA A SÚA COBERTURA DEFINITIVA, DUNHA PRAZA DE PEON DE LIMPEZA VIARIA

( Bases e modelo no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Xove ou no Boletín Oficial da Provincia de Lugo nº 87 de data de 17 de abril de 2023)

Prazo dende: 18/04/2023 ata 02/05/2023 (incluído)

 

Persoal Laboral Temporal por Substitución ata a súa cobertura definitiva– 1 Peón de Limpeza Viaria. Por Decreto de Alcaldía de 11 de Abril de 2023, aprobáronse as bases específicas para a contratación de 1 Peón de Limpeza Viaria en réxime de persoal laboral temporal a xornada completa por substitución hasta cobertura definitiva de praza, que a seguir se transcriben na súa integridade:1478537966

“BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL CON CONTRATO LABORAL DE DURACIÓN DETERMINADA POR SUBSTITUCIÓN ATA A SÚA COBERTURA DEFINITIVA, DUNHA PRAZA DE PEÓN DE LIMPEZA VIARIA, POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión en réxime de persoal laboral con duración determinada por substitución ata a cobertura definitiva, dunha praza de peón de limpeza viaria.

2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA. GRUPO: AP NIVEL C.D.: 11 DENOMINACIÓN: PEÓN DE LIMPEZA VIARIA Nº DE PRAZAS CONVOCADAS: 1 XORNADA DE TRABALLO: Xornada completa

COMETIDO FUNCIONAL: O cometido funcional será o sinalado na vixente Relación de Postos de Traballo ou, no seu caso, disposición que a substitúa. Posto 31

DURACIÓN DO CONTRATO: O contrato estará vixente ata a finalización do proceso de selección para a súa cobertura definitiva

RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir serán as corresponden á praza consonte ao establecido nos art. 23 e seguintes do vixente Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Xove.