Convocatoria e bases 1 praza de Limpadora
1 PRAZA DE LIMPADORA DE INSTALACIÓNS MUNICIPAIS, POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE
- OBXECTO DA CONVOCATORIA. O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal mediante o concurso-oposición de unha praza de limpadora de carácter temporal durante catro meses que se xustifica na acumulación de tarefas existente por atoparse en periodos vacacionais o persoal adscrito ao servizo de limpeza.
- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA. GRUPO: AP NIVEL C.D.: 10 NÚM. DE PRAZAS TEMPORAIS: 1
- DENOMINACIÓN: LIMPADORA DE INSTALACIÓNS MUNICIPAIS
- XORNADA DE TRABALLO: Xornada parcial (24 horas semanais de luns a sábado). Horario de tarde de luns a venres e de mañá os sábados
- DURACIÓN DO CONTRATO: Ata o 31-12-2021
- COMETIDO FUNCIONAL: O cometido funcional será o sinalado na vixente Relación de Postos de Traballo ou, no seu caso, disposición que a substitúa. Asemade, a persoa ocupante realizará as funcións que lle sexan atribuídas por calquera outra norma ou polo correspondente superior xerárquico.
- RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir serán as corresponden á praza consonte ao establecido nos art. 23 e seguintes do vixente Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Xove .
- CONVOCATORIA E BASES LIMPADORA * SOLICITUDE
- Resolución de Alcaldía COA Lista de Admitidos A determinación de lugar, DATA E hora de celebración.-
- ACTA TRIBUNAL LIMPADORA
- PLANTILLA CORRECTORA