Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

ipod

FACTURACIÓN ELECTRÓNICA   
 

O artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público establece que todos os proveedores que tivesen entregado bens ou prestado servizos á Administración Pública poderán expedir e remitir factura electrónica. En todo caso, estarán obrigados ao uso da factura electrónica e á súa presentación a través do Punto xeral de Entrada que corresponda as entidades seguintes:trónica axustada aos formatos e condicións establecidas na Lei 25/2013,  do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas do Sector Público, así como demais normativa de desenvolvemento, debendo presentalas, en tal caso, a través do Punto Xeral de entrada de facturas electrónicas proporcionado polo Estado (plataforma FACe) ao que este Concello se encontra adherido.

  • Sociedades Anónimas-Sociedades de responsabilidade Limitada
  • Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que carezan de nacionalidade española
  • Unións temporais de empresas

Non obstante, en virtude da potestade regulamentaria conferida de acordo co apartado segundo do referido artigo, e consonte o establecido na Disposición Adicional Sexta das Bases de Execución do Orzamento Municipal para 2015, estarán excluidas da obriga de facturar electrónicamente a este Concello as facturas de ata un importe de 5.000,00 euros, impostos incluidos.

Mediante Resolución de Alcaldía de data 19 de setembro de 2014, o Concello de Xove adheríuse ao Punto xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración xeral do Estado, e na súa consecuencia, aceptou plenamente as condicións de uso da Plataforma FACE que determina a Secretaría Xeral do Estado de Administracións Públicas do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e que se recollen na Resolución de 25 de xuño de 2014.   https://face.gob.es/es/

A tal efecto, e consonte ao estipulado na Disposición Adicional 3ª da Orde HAP/492/2014, de 27 de marzo, pola que se regulan os requisitos funcionais e técnicos do rexistro contable de facturas das entidades do ámbito de aplicación da Lei 25/2013, de 27 de decembro, as facturas que se expidan a partir da entrada en vigor da mesma axustarán a codificación dos órganos administrativos que participen na tramitación das mesmas á establecida no Directorio DIR3 de unidades administrativas comúns xestionado pola Secretaría de Estado de Administracións Públicas. Dita codificación para as unidades creadas polo Concello de Xove, é a seguinte:

  • Oficina Contable: L01270253 CONTABILIDAD
  • Órgano Xestor: L01270253 ALCALDÍA
  • Unidade Tramitadora: L01270253 CONTABILIDAD

 

 


 

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo