O CONCELLO CONTINÚA A LOITA CONTRA AS RAIÑAS DE VELUTINAS
O noso Concello continúa co seu plan de loita contra as velutinas.
O Concello de Xove novamente ven de iniciar nesta campaña 2024 o trampeo profesional antivelutinas a través de un contrato coa empresa SERPA (Servicio Privados Anti-Velutina), a cal xa coas actuacións de anos anteriores conseguirá reducir notablemente os niños de velutina.
Este ano a empresa ven de instalar entre o 16 e o 19 de marzo sobre unhas 400 trampas xeolocalizadas e repartidas por todo o termo municipal para capturar reinas de velutinas que son as que fan agora en primaveira os niños.
É o momento de colocar estas trampas porque así capturándoas podemos evitar uns 3 niños que pode facer cada unha delas e uns 25000 ovos que chegan a poñer na sua vida útil.
As accións de trampeo en Xove prolongaranse ata xullo e levaranse a cabo unhas 6 reposicións de líquido atraente nas mesmas durante estes meses dando lugar a un total de 2400 reposicións que fan que as trampas esteñan funcionando permanentemente.
Se o anterior é importante, para continuar con esta loita de erradicación tamén hai que ter en conta á poboación local, a cal pode axudar moito a esta loita colocando as súas propias trampas.
A reducción do número de niños é notable cando se realizan ben os trampeos, podendo ser de un 75% de niños menos si se fai ben esta laboura, polo que se pide colaboración aos veciños.
Preténdese que a xente sepa autoprotexerse ante a aparición de niños no entorno familiar, posto que os niños primarios que salen agora ó principio sempre comezan a colocarse a baixa altura e aconsellase colocar trampas tamén nos xardíns para evitar que as reinas construían eses niños cerca das vivendas.
Con este fin tamén está previsto que personal da empresa SERPA se desprace ao noso Concello esta tempada, seguramente un mércores para facer coincidir con día de mercado en Xove, e instale un posto no cal poida repartir gratuitamente trampas entre os veciños e veciñas que se interesen, á vez que asesoralos en todo o tema relacionado co trampeo para a loita contra a velutina. O xerente da empresa sempre que fai entrega destas botellas-trampas acompañaas dun folleto explicativo, no que inclúe 2 receitas ou mezclas de líquido para a captura das raíñas:
Mezcla 1: 1 litro de zumo de arándanos + 1 bote de cervexa negra con alcohol.
Mezcla 2: 1 litro de auga + 1 pocillo de azúcar + 25 gramos de levadura de panadería.
Ademáis todo isto ten unha dobre vertente medio ambiental:
-Por un lado, a eliminación de raíñas e de velutinas contribúe á conservación dos nosos ecosistemas.
- Por outro a utilización de botellas-tampa, para cuxa elaboración se poden usar botellas de plástico, contribúe tamén ao reciclaxe, xa que lle estamos dando unha segunda vida a esas botellas, que poden ser usadas durante moito tempo para este fin, chegando só con renovarlles o líquido.
Organiza: Concellería de Agricultura e Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
Solicitudes: No Rexistro Xeral de Entrada e Saída (Oficinas Xerais-planta baixa)
-----> BASES
-----> FICHA DE INSCRIPCIÓN
A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha a comezos de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de CARETAS DE ENTROIDO. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios deste concurso consisten en material escolar.Hoxe pola mañá, nas dependencias do Colexio Pedro Caselles, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín fixeron entrega dos premios do Concurso aos gañadores nas distintas categorías:
Leer más:ENTREGADOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE CARETAS DE ENTROIDO 2024
A presentación tivo lugar hoxe ás 13 h. no Salón de Plenos do Concello, coa participación do alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín e o Director do Curso Xan Carballal. Esta 33ª edición do Curso de Formación Orquestral introduce este ano unha gran novidade, xa que a temática desta edición será en formato de conto musical que compartirá tamén coa organización e traballo de grupos de música de cámara. Tanto o texto coma a música, foi elaborado para a 33ª edición do Curso de Formación Orquestral de Semana Santa que organiza a Asociación Prestoxove baixo o patrocinio do Concello de Xove. A música do conto está composta por Xan Carballal director do curso de Formación Orquestral e a lírica composta por Xulia Nogueira, directora da Escola Municipal de Música de Xove.Nesta edición os profesores invitados serán Nazaret Canosa encargada da sección de violíns, Clara Martínez encargada da sección de violas e chelos e Sofía Canoura encargada da sección de vento desta edición. A composición musical ten carácter popular e está pensada para que poda ser interpretada tamén por nenos, así coma a lírica que ten carácter infantil. O conto musical Unha perla no mar está inspirado en dúas lendas recollidas no libro editado polo Concello de Xove e cuxas lendas foron recollidas polos alumnos do Colexio público de Xove no ano 1989, titulado A fonte da vida longa.
O núcleo central da lírica o forman dúas lendas, escollidas do libro A fonte da vida longa, o conto está adornado con personaxes e figuras que aparecen noutras lendas recollidas neste libro. O conto vai apoiado nun soporte visual de diapositivas que axudan a recrear as escenas con maior realidade.
Nesta representación participarán os alumnos da 33ª edición do curso de Formación Orquestral de Semana santa, os alumnos da Escola Municipal de Música de Xove, asociación de Xove coma Saíñas que colaborarán na interpretación musical, a asociación Bolboretas que colaborará na realización do atrezzo para o escenario, e outras persoas de Xove que de xeito individual participarán en diferentes papeis, como cantantes, narradora, músicos, equipo de son, imaxe, etc…
O organización do curso é semellante a anos anteriores, en horario de 10:30 a 14:00h serán ensaios seccionais e xerais de orquestra no colexio de Palmeiro, e nese mesmo horario serán os ensaios de escena no Salón de actos do Centro Cívico. As tardes dedicaranse en horario de 16:00 a19:00h aos ensaios de música de cámara e á montaxe dos elementos decorativos do esceario.
Coma en edicións anteriores o curso está aberto a todos os alumnos de corda e vento que queiran participar e con diferentes niveis instrumentais.
O martes 26 ás 18:00 horas ofrecerán os alumnos de cámara un concerto con diferentes formacións, e o mércores 27 ás 19:00 horas terá lugar a clausura do curso coa representación do conto musical interpretado por todos os participantes anteriormente indicados.
Os cabaleiros da Asociación Equina a Medela están organizando o XXV Aniversario da fundación da Asociación, celebración centrada na XXV RUTA CABALAR que se vai desenvolver o DOMINGO 17 DE MARZO e que foi presentada hoxe no Concello. O Programa que van desenvolver é o seguinte:
Nesta ocasión, no acto conmemórase o Encontro de Palilleiras “Coas Nosas Mans” do Concello de Xove, e ás mulleres que o levan facendo posible durante trece anos. O Encontro é unha forma de imbuír de merecido prestixio un oficio tradicionalmente feminino que implica talento, arte, compartir e reunirse, e que foi evolucionando ó longo das edicións ata transformarse no que é hoxe: un escaparate para o municipio de Xove en Galicia e noutras comunidades, e un importante impulso para a economía local.
Campaña para pór en valor o emprendemento e o uso da lingua galega, visibilizando seis experiencias emprendedoras do municipio que nos lanzan unha mensaxe de apoio á nosa lingua, e nos amosan a súa actividade empresarial.
MAIS INFORMACIÓN EN : ABERTO O PRAZO PARA COBRAR O PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL ATA O 15/03/2024 – Emprego Xove
Venres 9 de febreiro, previo ao gran Desfile, imos ter no Pavillón Municipal a partires das 18:00 h un BAILE INFANTIL DE DISFRACES, amenizado pola DISCO MÓBIL CONXURO.
O sábado 10 de febreiro imos desenvolver as actividades centrais do Entroido, co seguinte programa:
Moitas persoas nos preguntaron como imos entregar os premios. É importante sinalar que os premios VANSE ENTREGAR EN METÁLICO, ao remate do Gran desfile, os infantís nun intermedio da Disco Móbil Conxuro e o resto nun intermedio da actuación do Grupo Fénix, tal como apuntamos antes.
Inscrición. A mesma hai que realizala en:
O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 10 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.
Segundo as Bases O GRAN DESFILE DE XOVE vai repartir 4.910 euros en premios, recollidos nas seguintes categorías:
PREMIOS EN METÁLICO QUE SE VAN ENTREGAR NO DESFILE
PREMIOS | ||||
CARROZAS | COMPARSAS E GRUPOS DE 10 OU MÁIS PERSONAS | GRUPOS DE ADULTOS DE 3 A 9 PERSOAS | PARELLAS ADULTOS | INDIVIDUAIS ADULTOS(de 14 anos en diante) |
1º - 500 E 2º - 350 E 3º - 250 E 4º - 250 E 5º - 200 E 6º - 200 E |
1º - 300 E 2º - 250 E 3º - 200 E 4º - 200 E 5º - 150 E 6º - 150 E |
1º - 130 E 2º - 100 E 3º - 70 E 4º - 70 E 5º - 60 E 6º - 60 E |
1º - 70 E 2º - 60 E 3º - 50 E 4º - 50 E
|
1º - 60 E 2º - 50 E 3º - 40 E 4º - 40 E
|
-Premio ao disfraz máis orixinal (pode ser tanto individual como colectivo): 30 E. -Premio ao conxunto máis numeroso: 30 E. -Premio ao participante máis maior: 30 E. -O participante máis novo recibirá un agasallo. |
GRUPOS INFANTÍS DE 3 A 9 PERSOAS |
PARELLAS INFANTÍS |
INDIVIDUAIS IFANTÍS (menores de 14 anos) | |
1º - 130 E 2º - 100 E 3º - 70 E 4º - 70 E 5º - 60 E 6º - 60 E |
1º - 70 E 2º - 60 E 3º - 50 E 4º - 50 E
|
1º - 60 E 2º - 50 E 3º - 40 E 4º - 40 E
|
----> Bases Concurso Disfraces <------